CRTVG

Buscar

Tres feridos o chocar un furgón cun turismo na estrada de Paramos

Publicado o 21/12/2019 17:45
Tres feridos o chocar un furgón cun turismo na estrada de Paramos

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente ocorrido na estrada PO-404, en Paramos, Tui, nun choque frontal entre un furgón de transporte escolar e un turismo.

Un dos vehículos implicados invadiu o carril contrario e como consecuencia do impacto, a furgoneta saíu despedida. 

Os bombeiros do Baixo Miño tiveron que excarcerar a dúas das vítimas, unha de cada automóbil, e a terceira ferida viaxaba no turismo. Todos foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.