CRTVG

Buscar

O mal tempo obrigou a suspender boa parte da actividades de Entroido

Publicado o 05/03/2019 22:58

O temporal obrigou a suspender boa parte da actividades de Entroido programadas en toda Galicia. En Ourense, cancelaron os desfiles de Verín, Maceda. Rivadavia, ou Xinzo. Tamén suspenderon as actividades ao aire libre na Coruña, en Santiago e en Pontevedra. Estas son imaxes de Vigo, onde estaba previsto un concerto na Porta do Sol. Si manteñen o concurso de máscaras na lonxa.

Tamén en Xinzo de Limia a choiva obrigou a suspender o desfile, pero nunha das tres vilas do Entroido máxico a festa segue.

En Xinzo de Limia, a vila co Entroido máis longo de toda España, a festa non pode parar este martes. A choiva que empezou a caer con forza pouco antes das cinco da tarde, cando estaba previsto que saíse o desfile, obrigou a suspendelo. Iso si, farase o domingo que vén, cando aquí celebran o Domingo de Piñata.

Pero moitos resistíronse e mesmo percorreron a rúa principal coa súa comparsa, outros seguiron a festa e a sátira propia da festa das festas debaixo desta carpa da Praza Maior ao son das charangas.












 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019