CRTVG

Buscar

O mal tempo obrigou a suspender a busca do home que onte caeu ao río Tambre

Publicado o 12/12/2019 23:18

As fortes chuvias que se rexistran hoxe en Galicia e o gran caudal de auga que leva o río Tambre ao seu paso por Sigüeiro complicaron a busca, polo que os equipos de urxencias decidiron suspendela a primeiras horas da tarde. Mañá venres volveran intentalo se as condicións meteorolóxicas o permiten. De momento, os mergulladores da Garda Civil e da Policía Autonómica non atoparon rastro ningún do desparecido. Estes especialistas rastraxeron o río, repasando o traxecto que xa inspeccionaran onte, e avanzaron algúns metros máis, antes de retirarse. Os efectivos que participan no operativo admiten que é moi complicado, non só polo mal tempo, tamén porque a auga está moi turbia e no río hai moita broza. A localización do corpo e a posterior autopsia podería clarexar se o home caeu ao río por accidente ou se foi voluntario. De momento, ninguén denunciou a súa desaparición.

 

Noticias web

12/12/2019