CRTVG

Buscar

O mal tempo obriga a suspender a busca do desaparecido en Mera

Publicado o 24/11/2018 21:24

O mal tempo obrigou xa este mediodía a deter a busca dunha persoa desaparecida nas proximidades do faro de Mera, en Oleiros.
Non se puido seguir traballando nin por mar nin por aire por mor da escasa visibilidade na zona. Tiveron que retirarse o helicóptero e a embarcación de Salvamento Marítimo. A contorna do faro foi onde os servizos de urxencia localizaron o coche do desaparecido, que falta dende onte. O dispositivo de busca reanudarase mañá na costa de Dexo sempre e cando melloran as condicións meteorolóxicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2018