CRTVG

Buscar

O mal tempo deixou desde o xoves cinco mortos en España

Publicado o 21/12/2019 20:58

A borrasca ten en alerta case toda España. Canarias é a única comunidade que non está en aviso por mal tempo. No resto de España practicamente todas as provincias sofren o paso da borrasca Fabien.

En Asturias, igual que en Galicia, a alerta é vermella, de risco extremo por vento moi forte e moito mar, e hai unha trintena máis de provincias en risco importante.

Aínda que agora o vento e as ondas son os problemas principais, en moitos puntos persisten as inundacións que chegaron da man de Elsa, a borrasca anterior.

De feito, hoxe morreu un condutor en Huéscar, en Granada, ao ser arrastrado o seu coche por unha corrente de auga. É a quinta vítima destes temporais, que tamén están deixando danos materiais importantes. As que vemos son imaxes de Villanueva de la Reina, en Xaén.

E isto é Yeles, en Toledo, onde o desbordamento dun rego obrigou a desaloxar varias vivendas

En Córdoba apenas empezaran a recoller a aceituna cando chegaron as borrascas. O vento tirou gran parte da colleita, un coste engadido a unha campaña xa complicada.

O vento pon difícil mesmo andar. Vémolo en Almería, co mar embravecido na praia de San Miguel.

Mañá a alerta vermella por riscos costeiros estenderase ás costas de Cantabria e do País Vasco, e unha trintena de provincias máis continuarán en aviso polo vento.

Noticias web

21/12/2019