CRTVG

Buscar

O maior xeriátrico de España cancela as visitas tras detectar novos contaxios

Publicado o 19/06/2020 14:43

Unha residencia pública madrileña, a máis grande de España e unha das máis grandes de Europa, detectou catro casos positivos tras realizarlle o test a todos os internos. Isto obrigou a prohibir as visitas no centro, un dos máis golpeados polo coronavirus.

Outro foco de contaxio é este hostal de Alxeciras, onde faleceu un home de 78 anos por coronavirus. Hai tres positivos máis, unha muller de 70 anos que foi trasladada ao hospital e dous mozos subsaharianos que permenecen illados no establecemento con outras 13 persoas.

En dous hospitais de Bilbao e Vitoria detectáronse 59 positivos. Tamén un hospital e dous xeriátricos de Valladolid suman 26 novos casos. En Fuerteventura hai 14 positivos entre un grupo de inmigrantes que chegaron á illa en patera. E nunha residencia universitaria de Cartaxena permanecen illadas dez persoas á espera dos resultados das probas.

Os científicos piden cautela ante un virus que segue presente, malia que as últimas investigacións apuntan a unha menor virulencia.

Sanidade prepara todos os escenarios ante posibles recaídas que obriguen a unha reescalada, e a UME tamén planifica unha nova operación Balmis por se fose necesaria a súa intervención.

Noticias web

19/06/2020