CRTVG

Buscar

O maior risco do leite cru está na mala manipulación do proceso

Publicado o 10/08/2018 14:55

Igual oíron falar do leite cru. É o leite tal como sae da vaca. Mércase ao natural, e despois, cócese na casa para poder bebelo. É a última moda en comida pero tamén é a última polémica. A OCU di que ten riscos para a saúde. Nalgúns sitios, como en Cataluña, a súa venda xa está autorizada.

Da vaca ao vaso. Así cualifican moitos o leite cru que a diferenza do leite fresco, este non recibe ningún tratamento térmico. Malia que o seu consumo non sexa a día de hoxe moi estendido, vai gañando adeptos. Pero tamén detractores que ven nesta práctica un risco para a saúde.

En Galicia existen varios gandeiros que venden leite cru ou produtos derivados do leite cru. Como é o caso de Antonio que con 30 cabezas de gando subministra este produto en toda España. E para iso necesita estar dado de alta no rexistro sanitario e realizar controis diarios do leite.

Os expertos explican que o leite en Galicia xa ten de base unha gran calidade hixiénico sanitaria.

Din que unha parte importante é a de manter o leite sobre os 3 graos de temperatura e seguir a trazabilidade do produto sen romper a cadea de frío. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018