CRTVG

Buscar

A Revista

O maior dos Mossos sae en liberdade sen medidas cautelares, pero terá que volver como investigado doutros supostos delitos

Publicado o 06/10/2017 13:08
Na Audiencia Nacional, o maior dos Mossos, Josep Lluis Trapero, mantense en liberdade tras declarar por sedición en relación ao asedio á Garda Civil o 20 de setembro, cando unha unidade da Benemérita realizaba un operativo contra os preparativos do 1-O.

Nin Trapero, nin os outros investigados, teñen ningún tipo de medidas cautelares, aínda que a xuíza os empraza a unha nova comparecencia por outros posibles delitos.
O maior dos Mossos sostivo que a Policía catalá cumpriu estritamente as ordes xudiciais e da Fiscalía nas súas actuacións sobre o referendo do 1 de outubro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/10/2017