CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O maior dos Mossos d'Esquadra e os outros tres investigados por sedición quedan en liberdade tras compareceren na Audiencia Nacional

Publicado o 06/10/2017 14:53

O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep LluísTrapero, e os outros tres investigados por un suposto delito de sedición quedan en liberdade tras prestaren declaración na Audiencia Nacional. A Fiscalía non pediu prisión nin ningunha outra medida cautelar para eles, pero terán que volver a declarar, polo menos Trapero, sobre quen a Fiscalía amplía a súa investigación ao acontecido o pasado domingo 1 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí