CRTVG

Buscar

O madridista Lucas Vázquez, en Santiago: "Temos ganas de clásico para gañalo"

Publicado o 07/10/2019 20:42

Empezou a liga da mellor maneira posible. O galego de Curtis é un dos xogadores máis utilizados por Zidne pero foi o descarte no último partido contra o Granada. De momento, a competencia non o preocupa.

Lucas Vázquez: "Non. Hai que traballar para chegar cada un ao seu máximo nivel e que sexa o míster quen decida".

O Real Madrid é líder, a pesar dun comezo de temporada moi irregular. 

Lucas Vázquez: "Tivemos un momento complicado coa derrota de París. Pero repuxémonos e agora somos líderes e hai que estar contentos".

O gran test de nivel chega en 20 días, o Clásico co Barcelona no Camp Nou. 

Lucas Vázquez: "É outubro. Queda moitísimo. Temos ganas de xogalo pero para gañalo".

Lucas estreouse como goleador no Camp Nou este mesmo ano, na Copa do Rei. Agora irá a defendelo liderato na liga sempre que o Real Madrid non tropece antes en Mallorca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019