CRTVG

Buscar

O Madrid xógase a temporada co Paris Saint-Germain

Publicado o 14/02/2018 15:30

 

O Real Madrid entra no seu escenario tradicional, na Copa de Europa.

O Santiago Bernabéu prepárase para recibir o París Saint-Germain no partido máis atractivo dos oitavos de final da Champions.

Un carrusel de estrelas no terreo de xogo, o campión de Europa con Cristiano á cabeza mídese co París Saint-Germain. Din no Real Madrid que non hai presión.

O París Saint Germain dos petrodólares, os xeques e o fútbol de talonario chega co obxectivo de pasar un test decisivo: o plan de negocio contra a historia branca.

Emery é consciente de atoparse na encrucillada. O técnico español do PSG non ignora que o seu equipo non é aquel París Saint Germain dos anos noventa que mesmo eliminou o Madrid da UEFA nun histórico catro a un en Francia para levantar a goleada do Bernabéu de quince días antes. Os goles de George Weah, Ginola ou Valdo axudaron a xubilar a Quinta de Butragueño, pero despois viría o rexurdidento branco e un atado de Champions inigualable. Odiado agora na mesma Francia pola súa construción artificial, o PSG de Emery pensa chegada outra ventá de oportunidade; outro momento, o momento.

Cristiano, Benzemá e Bale contra Mbappé, Cavani e Neymar; lume na palleira para un xogo de tronos no paraíso dos cartos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018