CRTVG

Buscar

O Álvaro Cunqueiro celebra o seu cuarto aniversario cos primeiros nados no hospital

Publicado o 28/06/2019 21:48

Hai nenos que xa teñen por costume festexar o seu aniversario no hospital Álvaro Cunqueiro. E non porque estean enfermos, senón porque foron os primeiros nenos nacidos nestas instalacións. Catro anos fixo hoxe o centro hospitalario onde xa naceron case 13.900 nenos. Unha cita festiva ineludible no calendario sanitario...

Dende que o 29 de xuño do 2015 se atendeu o primeiro paciente, as cifras do Álvaro Cunqueiro nestes catro anos falan por si soas: 50.000 intervencións cirúrxicas, un millón e medio de consultas e unha aposta constante pola humanización, a docencia e a investigación.

Noticias web

28/06/2019