CRTVG

Buscar

O luns regresan á Madroa os adestramentos grupais

Publicado o 30/05/2020 13:56

O Celta pensa xa no reinicio da liga fronte ao Vilarreal

Once xornadas sen púbico, sen apertas tras os goles, adeus aos recibimentos na casa e adeus a Sergio Álvarez nos próximos meses... pero haberá que adaptarse aos novos tempos.

"Seguro que haberá parón para refrescarse, o dos cinco trocos tamén axudará... Teremos que adaptarnos", recoñeceu o adestrador do Celta.

O luns volven os adestramentos de verdade, cos que seguen e cos cedidos, que en prinicpio xogarán eses 19 días de xullo a maiores. Óscar non renuncia a ningún futbolista.

"Para min o importante é que poidan xogar todos os cedidos porque eles son máis importantes que o papel do adestrador", dixo Óscar.

Hai que pensar no Vilarreal, non hai tempo para distracións, hai que centrarse...

"Non debemos pensar tanto en fichaxes e si no seguinte partido", considera Iago Aspas.

Na unión do grupo estará unha das chaves da salvación.

"Estamos desexando adestrarnos todos xuntos e coñecer a data do inicio", recoñeceu o dianteiro de Moaña.

A partir do luns, un par de semanas para poder adestarse en gupo antes de recibir o Vilarreal.

Noticias web

30/05/2020