CRTVG

Buscar

O luns estréase o segundo covid-auto de Vigo

Publicado o 18/09/2020 15:52

O segundo covid-auto de Vigo comezará a funcionar o vindeiro luns e estará finalmente no hospital Álvaro Cunqueiro. Alí vimo como ultiman os preparativos para poñelo en marcha. 

Neste punto, na segunda planta do centro traballan na estrutura que se colocará para o correcto funcionamento do novo covid-auto. Optouse polo hospital Álvaro Cunqueiro porque conta cun laboratorio de microbioloxía e a loxística das mostras pode realizarse dun xeito máis rápido.

O obxectivo é atender sen colapsos o incremento da demanda das probas PCR e reforzar o hospital do Meixoeiro. Este último a partir do luns absorberá a demanda que se xere nos centros de saúde, mentres o do Cunqueiro queda reservado para os contactos de casos confirmados.

O segundo covid-auto de Vigo funcionará de 9 da mañá a 9 da noite e nel realizaranse unhas 600 probas diarias. 

 

 

Noticias web

18/09/2020