CRTVG

Buscar

O luns comezará a nova vacinación ampliadada da meninxite

Publicado o 08/12/2019 15:07

A partir do luns vaise administrar nos centros sanitarios galegos a nova vacinación ampliadada da meninxite. É unha vacina tetravalente que se lles administrará aos maiores de doce anos que xa foron vacinados da meninxite C e tamén aos adolescentes nados en 2001. O obxectivo é protexer a mozos e adolescentes fronte aos tres serogrupos da meninxite que están a ter incidencia en países da Unión Europea como Reino Unido e Holanda. Para o ano que vén ampliarase aos mozos e mozas nados nos anos 2002 e 2003.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019