CRTVG

Buscar

O luns comeza o xuízo polo asasinato do neno Gabriel

Publicado o 06/09/2019 14:29

O luns comeza o xuízo contra Ana Julia Quezada, autora confesa do asasinato do neno Gabriel Cruz.
A sala da Audiencia Provincial de Almería onde ser vai celebrar xa está preparada.

O luns prestará declaración a propia Quezada, e o martes os pais do neno. En días sucesivos, ata o 18 de setembro, declararán os peritos e policías que participaron na investigación do caso.

Un xurado popular composto por nove persoas ditaminará se Ana Julia Quezada é culpable.

A secretaria de Xustiza de Andalucía, que visitou a sala esta mañá, pediulles aos medios de comunicación que non convertan o xuízo nun espectáculo e que respecten a intimidade da familia, como pediron os pais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019