CRTVG

Buscar

O lume avanza sen control en California, onde xa foron evacuadas 200.000 persoas

Publicado o 07/12/2017 09:58

O lume segue incrementando a súa forza en California e avanza sen control. Xa son máis de 200.000 as persoas evacuadas nos arredores dos Ánxeles, onde o forte vento continúa avivando catro grandes incendios que arrasaron 35.000 hectáreas. As lapas obrigaron a cortar autoestradas e a pechar colexios, e ameazan milleiros de edificios, entre eles as luxosas mansións do barrio de Bel Air. O lume xa alcanzou as propiedades do magnate Rupert Murdoch.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017