CRTVG

Buscar

O lume deixa sen fogar un matrimonio de Rois

Publicado o 30/12/2020 13:55

Arturo volvía esta mañá á súa casa de Rois para darlle de comer ao burro e aos gatos. Os animais salváronse do lume que na tarde de Nadal destruíu o interior da casa onde vivía coa súa muller. Di que cando lle deron a noticia temeu que o lume ou fume puidese danar o burro.

Foi un veciño que paseaba pola aldea quen alertou do sinistro ao ver a fumareda contra as seis da tarde. A orixe do mesmo puido esta nunha faísca que saltara da lareira á roupa que deixaran a secar.

Arturo Castro, propietario da casa sinistrada, di: "Prendeu lume da lareira. Non estabamos na casa. Sairamos dar unha volta e non esatabamos. -E ao chegaren aquí, que atoparon? Os veciños todos a apagar. Xa estaban os bomeiros e todo.No que puideron axudaron todos. Todos, ata con extintores".

A rápida acción dos veciños, que tiveron que botar a porta abaixo, propiciou tamén a retirada da bombona de butano que había na cociña para evitar males maiores.

Os donos da casa valoran tamén a disposión do Goberno municipal de Rois que, segundo relata, está a facer xestións para proporcionarlles unha vivenda provisional. Levan seis días vivindo de prestado.

Arturo engade: "Estamos na de miña sogra, pero vannos dar unha vivenda entre o Concello e o seguro. Porque temos a casa asegurada. -Viñeron os peritos xa? -Si. Viñeron hoxe".

O dono da casa sinistrada di que toda a súa vida, 73 anos, viviu aquí, en Infesta, e amósase optimista con volver pronto ao seu fogar agora estragado polo incendio. Calcula que a obra de reparación estea rematada dentro dun mes.

Noticias web

30/12/2020