CRTVG

Buscar

O lume arrasa unha casa na Pobra de Trives, sen que haxa que lamentar danos persoais

Publicado o 30/03/2019 16:25

Incendio esta noite nunha vivenda no lugar de Sobrado, na Pobra de Trives.O lume arrasou por completo a casa. Iso si, non hai que lamentar danos persoais. A voz de alarma deuna un veciño pasadas as once da noite. Os equipos de urxencias que traballaban no lugar tiveron que pedir reforzos ante o risco de que o lume, que se propagaba con gran velocidade, se estendese a outras casas. Finalmente o incendio quedou extinguido de madrugada, pero non se puido evitar que as lapas calcinaran por completo a vivenda.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019