CRTVG

Buscar

O lume arrasa montes de Tarragona e Huelva

Publicado o 25/07/2021 13:49

O lume segue arrasando montes de Tarragona e Huelva, onde xa arderon máis de 1.600 hectáreas. Bombeiros cataláns e membros da Unidade Militar de Emerxencias combaten o incendio que afecta ao concello de Santa Coloma de Queralt, en Tarragona, onde tiveron que ser desaloxadas máis de 80 persoas. Os 10 quilómetros de fronte das lapas, xunto co forte vento, dificultan moito a súa extinción.
Tamén traballan intensamente contra o lume nos arredores do concello de Villarasa, en Huelva, onde ata o momento arderon preto de 500 hectáreas e tiveron que ser evacuadas dúas familias.

Noticias web

25/07/2021