CRTVG

Buscar

O lume arrasa a cuberta do auditorio de Chantada, pero as lapas non afectan ao interior

Publicado o 11/07/2020 15:35

A cuberta de madeira da Casa da Música de Chantada quedou calcinada por mor dun incendio que afortunadamente non afectou ao interior do edificio. As lapas, que se espallaron con rapidez, foron atalladas sen que se espallase a outros inmobles. 

Así quedou a Casa da Música de Chantada, logo do incendio que afectou á cuberta, de madeira. Para que o cheiro a fume se vaia totalmente decidiron abrir tódalas portas.

As lapas do incendio provocaron que o ceo se cubrise de negro, polo material sintético que illa a cuberta do interior. Nun principio temíase que o lume se poidese espallar, pero foi atallado axiña.

Os danos no exterior son cuantiosos. O edificio é sede electoral pero ao non estar afectado o interior mantense como lugar de votación.

De momento descoñécese como se orixinou o lume.

 

Noticias web

11/07/2020