CRTVG

Buscar

O lugués Jorge Prado, colíder do mundial de MX2

Publicado o 09/07/2018 10:12

O lugués Jorge Prado é o líder do mundial de motocross na categoría MX2. Prado logrou a vitoria na última proba da xira asiática, no circuíto de Indonesia, e sitúase á fronte do campionato cos mesmos puntos que o seu gran rival polo título, o letón Pauls Jonass. Foi o sexto triunfo de Prado nas trece carreiras disputadas. Agora o mundial volve a Europa. A próxima cita, dentro de quince días na República Checa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2018