CRTVG

Buscar

O Lugo volve preguntar por Juan Hernández

Publicado o 31/07/2020 16:28

Falando de fichaxes, o Lugo aposta forte por Juan Hernández. O ano pasado xa tentaran a súa contratación. Juan Hernández superou unha grave lesión e debutou este ano co Celta, na Copa do Rei e tamén con minutos en algúns partidos de liga. Para Juanfran é unha prioridade. O murciano garante velocidade e desborde no ataque. No Celta non tería moitas oportunidades. Celta e Lugo ultiman a cesión do futbolista.

Noticias web

31/07/2020