CRTVG

Buscar

O Lugo vai a por todas a Burgos: "Non podemos gardarnos nada"

Publicado o 15/10/2021 21:45

Tres partidos en sete días. O Lugo prepárase para o primeiro, este domingo en Burgos. As Palmas e Málaga non existen para Rubén Albés, que vai con todo.
Rubén Albés, Adestrador do CD Lugo: "Non sei nin como se chaman os xogadores das Palmas. Poremos en Burgos o mellor once posible. Non podemos gardar nada, se gardamos... somos palmera "
Cuéllar, que non xogou nin un minuto con Bolivia, estará dispoñible.
O Burgos preséntase coma un reto, un rival dos poucos que non queren o balón "Un partido moi diferente ós das últimas semanas. Non podemos facer o mesmo tipo de partido"
O estadio máis animado da categoría faille sitio ata a 450 afeccionados do Lugo: "Serían case como "Os trescientos" da película"
E poderían ter a sorte de ver a primeira vitoria da temporada fóra da casa.
 

Noticias web

15/10/2021