CRTVG

Buscar

O Lugo, seguro das súas opcións en Albacete

Publicado o 08/11/2019 19:32

A vitoria ante o Raio Vallecano tivo un efecto balsámico para o Lugo. As dúbidas que rodeaban ao equipo e a Eloy Jiménez semellan ter desaparecido: "O partido do outro día ten que nos servir para sacarmos cousas moi positivas como que somos quen de lle gañar a un grandísimo equipo", di o adestrador.

Pois despois do Raio toca visita ao Albacete, sexto clasificado: "Un equipo que cando se pon por diante é moi díficil porque está moi ben traballado, é un equipo moi solidario e un equipo que ten as ideas claras nese aspecto", define o técnico albaceteño.

Pero é un equipo que ten as súas feblezas. A máis importante, a ineficacia cara a porta. O Albacete é o conxunto que menos goles marca na categoría, leva 10 en 14 partidos. "Temos que ir a Albacete como fomos a Almería, como fomos a Zaragoza, a sermos un equipo sólido pero tamén temos que ir para arriba para podermos facer gol, porque sabemos que se somos quen de facer gol poñénsenos as cousas moi favorables para conseguirmos os tres puntos", apunta Jiménez.

Gerard Valentín e Tete Morente son baixa por lesión dunha lista na que entran Lebedenko, Josete e Álex López

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019