O Lugo segue vivo despois de sumar un punto en Albacete
O Lugo segue vivo. Sumou un punto en Albacete que pode valer máis do que parece, porque no treito final Ander Cantero detivo un penalti e evitou a derrota, cando o duelo de necesitados derivou nun partido tolo. Parece que a sorte se pon de cara. Ander Cantero: "Un punto, que polo menos mantennos con vida".
É imprescindible gañarlle ó Cartaxena en Lugo para ter opcións na última xornada en Vallecas. O próximo luns no Anxo Carro volverá xogar a afección.
Rubén Albes: "Isto é de todos e necesitamos a todo o mundo para ter outra noite máxica, que se viva como o outro día pero incluso un pouco máis".
No aspecto futbolístico, Ander Cantero dá a clave: "Non podemos cometer erros, temos que ir a morte e matar o rival".
O Lugo segue confiando nunha salvación agónica por segunda temporada consecutiva.