CRTVG

Buscar

O Lugo segue invicto como visitante

Publicado o 22/09/2019 14:05

Os lucenses son os primeiros en puntuar na Romareda

O Lugo mantense invicto fóra da casa tras resistir o asedio zaragocista na Romareda. Para iso, Eloy mudou o seu debuxo, aliñando tres centrais e dous laterais de longo percorrido.

Eloy Jiménez, adestrador do C.D. Lugo: "Sabiamos que tiña xogadores profundos, había que pechar polo centro para evitar as súas transiciós. Creo que o conseguimos porque os centros laterais tampouco nos crearon problemas".

O acoso do Zaragoza, con todo, foi máis efectista que efectivo. Disparou 25 veces a porta, aínda que só catro foron entre os tres paus.

O Lugo, polo contrario, chegou menos, pero a calidade da súas oportunidades traduciuse nun remate ao traveseiro e nunha gran parada de Cristian. De aí que os dous adestradores diferisen na valoración do resultado.

Víctor Fernández, adestrador do Real Zaragoza: "Por insistencia, só por insistencia, merecimos claramente o triunfo".

Eloy Jiménez, adestrador do C.D. Lugo: "Neste tipo de campos, ao final, cando sumas tócache sufrir moito, soubémolo facer e ao final creo que o punto foi xusto para nós".

O certo é que o Zaragoza, que viña de tres vitorias consecutivas no seu campo marcando unha media de dous goles por partido, foi incapaz de anotar ante un Lugo resultadista.

Borja Domínguez, C.D. Lugo: "É mellor sacar un punto que non perdelo e a verdade é que fixemos un bo traballo nun campo moi difícil ante un rival moi complicado e o certo é que nos imos contentos".

Pita. C.D., Lugo. "É un equipo que te somete co balón, que te pecha atrás, que mete moita xente por dentro, que filtra moitos pases, que ten xente arriba de moitísima calidade e sabiamos que iamos sufrír moito, que tiñamos que estar xuntos para tentar contrarrestar ese xogo".

Na Romareda viuse un Lugo de a cero. E é que por primeira vez na temporada non recibía goles como visitante.

Noticias web

22/09/2019