CRTVG

Buscar

O Lugo resolve ante As Palmas pola vía rápida (2-0)

Publicado o 20/10/2021 22:34

Quinta xornada sen perder para un Lugo que se afasta dos postos de perigo e gaña en tranquilidade na zona morna da clasificación. O partido ante As Palmas resolveuno pola vía rápida, con dous goles na primeira media hora. 

No minuto cinco un autogol de Ferigra permitiulle ao equipo de Rubén Albés gozar de máis tranquilidade. Iso fixo que manexase o encontro e que se fixese merecedor dun segundo tanto, o anotado por Xavi Torres no minuto 33. 

Segundo triunfo consecutivo no Anxo Carro, os dous sen recibir goles. O Lugo está nunha dinámica moi positiva e nun bo momento de xogo.