CRTVG

Buscar

O Lugo resiste o acoso do Zaragoza

Publicado o 21/09/2019 23:09

Cristian Herrera estrelou un balón no traveseiro

Influido pola orixe romana da cidade, o Lugo aplicou en Zaragoza a máxima latina quen resiste vence.

Aos de Eloy non lles deu para gañar, pero sí para sacar un punto onde ninguén o fixera.

Logrouno xogando con tres centrais e dous laterais longos como Valentín e Lebedenko.

O exercicio de resistencia levouno a manter a súa porta a cero malia recibir 25 disparos, pero só catro a porta e tres deles nos primeiros quince minutos, onde Varo respondeu con acerto.

Non é que os lucenses tiveran moitas oportunidades, pero sí moi claras.

Sobre todo esta no último minuto da primeira metade, na que Cristian Herrera estrela a pelota no traveseiro.

Na segunda metade, os galegos controlaron mellor o xogo. O Zaragoza acosou, pero non conseguiu derrubar o muro lucense, cada vez máis reforzado.

De tódolos xeitos, a mellor ocasión aragonesa provocouna Pita estrelando a pelota contra o poste da súa portería.

As contras branco e vermellas cada vez eran menores, aínda que Yanis, que entrou á hora de xogo, puxo en apretos a Cristian a dez minutos do final.

O Zaragoza seguiuno tentando por tódolos medios, pero a muralla do Lugo mantívose firme.


 

Noticias web

21/09/2019