CRTVG

Buscar

O Lugo preséntase mañá contra a Ponferradina mentres agarda os reforzos con urxencia

Publicado o 08/08/2019 20:59

A Televisión de Galicia emitirá mañá desde o Anxo Carro o Lugo-Ponferradina, o partido que servirá de presentación do conxunto que adestra Eloy Jiménez.

O equipo que vai ver a afección na presentación oficial pode parecerse pouco ao que empece a liga contra o Estremadura en nove días. Eloy Jiménez insiste na urxencia dos reforzos, sobre todo para a defensa.

Eloy Jiménez: "Estamos collidos con pinzas. Necesitamos os reforzos xa".

A parte positiva é que o Lugo transmite boas sensacións. Veremos se as manteñen contra a Ponferradina.

Eloy Jiménez: "Si, teño moi boas sensacións".

Eloy Jiménez: "Mañá intentaremos facer un equipo equilibrado. Necesitamos que os xogadores collan minutos".

Persisten as lesións. Campabadal estará dispoñible a próxima semana. Iriome e Campillo, de momento, non.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019