CRTVG

Buscar

O Lugo presenta o novo adestrador Curro Torres, o oitavo do presidente Tino Saqués

Publicado o 27/12/2019 20:55

Xa houbera contactos e anteriores ocasións pero foi no día do seu 43 aniversario, cando o ex-valencianista Curro Torres acepta o reto de salvar o Lugo, que está un punto por riba do descenso. Non é unha situación crítica pero tampouco cómoda. Curro Torres: "Sería inxenuo pola miña parte estar tranquilo por estar fóra do descenso".

Tamén quere conquistar a bancada co xogo: "Gústanme os equipos valentes que saian a gañar".
Unha idea diferente á do destituído Eloy Jiménez, que, ademais, asinou a peor primeira volta desde o ascenso.

Manolo Mandiá: "É unha decisión meditada e responsable". O presidente Tino Saqués leva ritmo de récord: Curro Torres vai ser o oitavo adestrador en catro anos e medio de mandato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019