CRTVG

Buscar

O Lugo presenta a Varo, Calderón e Dongou

Publicado o 13/07/2018 10:06

O Lugo acaba de anunciar a contratación de Juan Muñiz, campión de Europa Sub 19. Onte foi día de presentacións no Anxo Carro. Dongou, Alberto Varo e Carlos Calderón compartiron posta de longo.

Triple presentación no Club Deportivo Lugo. Dongou, Calderón e Varo luciron por primeira vez a camiseta do Lugo. O dianteiro camerunés, malia os seus 23 anos achega a experiencia dos seus máis de 150 partidos na Segunda División.

Dongou asina por dúas temporadas cunha terceira opcional, as mesmas condicións que Alberto Varo, porteiro procedente da canteira do Barcelona e disposto a pelexar con Juan Carlos mesmo na faceta goleadora.

Para a banda dereita do ataque o Lugo asina a Carlos Calderón, de 23 anos, procedente o Xetafe.

Xunto con Jona, son 4 xa as fichaxes que presentou o Lugo e aínda quedan xogadores por chegar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2018