CRTVG

Buscar

O Lugo presenta a Chris Ramos mentres mantén a prioridade de incorporar un central

Publicado o 02/08/2021 15:57

O Club Deportivo Lugo presentou esta mañá ao futbolista andaluz Chris Ramos. A temporada pasada estivera cedido e malia iso disputou 35 partidos, sendo importante sobre todo na parte decisiva da temporada.

Ten 24 anos e foi un dos fixos para Rubén Albés a temporada pasada. Ademais de ao presidente e aos compañeiros, agradécelle ao adestrador a insistencia para que fichara polo Lugo.

Mentres, dende a dirección deportiva seguen coa vista posta na incorporación dun central de garantías. Así o asegurou Mauro Pérez: "Temos dúas opcións e entendemos que en breve deberiamos telo incorporado".

 

Noticias web

02/08/2021