CRTVG

Buscar

O Lugo presenta a Arvin Appiah

Publicado o 03/02/2021 17:08

Os ex-xogadores do Lugo que militan no Almería e o estilo de xogo do equipo galego atraeron a Arvin Appiah, segundo recoñeceu na súa presentación ante os medios de comunicación este mércores no Anxo Carro.

Appiah coincidiu no Almería con José Carlos Lazo, Peybernes e Rahmani e as súas experiencias en Lugo e a proposta no terreo de xogo convencéronlle para aceptar a súa cesión ata final de tempada, xa que tiña outras propostas.

"Tiven varias ofertas, pero, tras falar con compañeiros que estiveron aquí e ver o xogo, decidinme por este equipo pola maneira de xogar, que é como a miña", comentou na súa comparecencia.

Noticias web

03/02/2021