CRTVG

Buscar

O Lugo conxélase de forma contundente na neve dos Pajaritos

Publicado o 03/02/2019 16:22

O Numancia derrota os galegos por tres goles a cero

O Lugo quedou frío nos Pajaritos. Tres baixo cero no resultado nun partido en que o Numancia estivo máis enchufado, chegando a cinco sobre cero en oportunidades.

Alberto J. Monteagudo, adestrador do C.D. Lugo: "Faltounos un punto de todo, a todos, a todo el equipo, a min, a todo o mundo".

O Lugo saíu frío ao partido e aos once minutos xa perdía por un a cero logo dun gol do debutante David Rodríguez.

Alberto J. Monteagudo, adestrador do C. D. Lugo. "Non entramos como deberiamos, con defensa de tres ou de cinco nos gañaron as costas na xogada de David".

Co un a cero, Monteagudo modificou o debuxo, adiantando a Pita ao centro do campo, pero chegou o segundo gol do Numancia nunha perda de Toni Martínez aproveitada por Nacho.

Alberto J. Monteagudo, adestrador do C. D. Lugo. "Cando mellor estabamos, onde xa non había control do xogo, no que o equipo se estaba estirando, metemos a Valentín para que estirase o equipo por esa zona, chegou ese segundo gol que nos fixo moito dano. Logo foi un querer e non poder".

Unha impotencia que se manifestou no terceiro tanto soriano marcado por Guillermo, co Numancia en inferioridade. O Lugo perdíase entre a neve.

Noticias web

03/02/2019