CRTVG

Buscar

O Lugo perde no Wanda Metropolitano contra o Raio Majadahonda (1-0)

Publicado o 11/09/2018 09:54

O Lugo visitaba por vez primeira o novo Metropolitano e a estrea nun escenario de tal magnitude non foi moi grata. 

Derrota dos homes de Javi López ante un Raio Majadahonda que dominou o partido de principio a fin. Juan Carlos evitou que a derrota fose aínda maior.O único gol do partido chegou nesta perda do Lugo na medular. Aitor García colle o esférico e finaliza a xogada con este espectacular zurdazo. Era o minuto 27.Antes do descanso, Carlos Pita buscou o empate con esta falta directa.

Na 2ª metade máis do mesmo. O Raio Majadahonda chegaba con moita facilidade á área do Lugo e sempre, providencial, aparecía Juan Carlos para evitar o segundo.Zidane seguiu de preto as evolucións do seu fillo Enzo.Na recta final, apertou o Lugo. E nesta córner puido empatar pero faltou empurrar ese salón nos últimos metros. Puido haber mans na área do Majadahonda.Así rematou o partido. Derrota do Lugo pola mínima. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2018