CRTVG

Buscar

A falta de acerto condena o Lugo ante o Numancia

Publicado o 13/11/2017 15:12

Caeu na casa co Numancia pola mínima nun partido en que evidenciou os seus problemas para materializar as ocasións.

O Numancia, que aínda non gañara fóra, marcou no minuto 35 por medio de Manu del Moral. Foi un gol que lles deu os tres puntos aos visitantes, aínda que hai dúbidas sobre a legalidade, por un posible fóra de xogo. O Lugo quedou sen marcar por sexta vez esta temporada. Hai dúas semanas poñíase líder e agora cae ao sexto lugar da táboa a tres puntos do primeiro, o Huesca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2017