CRTVG

Buscar

O Lugo presenta a Curro Torres como novo adestrador

Publicado o 27/12/2019 10:30
O Lugo presenta a Curro Torres como novo adestrador

Curro Torres fai hoxe corenta e tres anos. E comeza a súa terceira experiencia na categoría do Lugo. Antes pasou sen éxito polo Lorca e polo Córdoba. E polo Istra croata. Comezou como adestrador no filial do Valencia. Aí estivo catro temporadas.

Na órbita do Lugo leva varios anos. Soou en ocasións. Esta vez é o elixido. Por diante, vinte e un partidos. A segunda volta. Un obxectivo. A salvación. E non necesita fichar.

Curro Torres collerá o equipo a un punto das posicións de descenso, tras a peor primeira volta do Lugo desde o ascenso de 2012.

O que fose futbolista do Valencia, entre outros clubs, estaba sen equipo desde a tempada pasada, en que dirixiu o Córdoba entre mediados de novembro e finais de febreiro.

Anteriormente, sentou nos bancos do Valencia Mestalla, o Lorca e o NK Istra de Croacia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí