CRTVG

Buscar

O Lugo pagou o seu mai inicio fronte ao Almería

Publicado o 27/09/2020 20:58

O Lugo chegou tarde ao Anxo Carro. Foi saltar ao campo, sentar nos asentos, colocar a roupa e ter dous goles en contra. Todo iso antes de chegarse ao cuarto de hora.

No minuto sete, Akieme, un lateral ecuatoguineano con alma de extremo, sorprendía a Cantero aproveitando un rexeite da defensa lucense.

Sen tempo apenas para dixerir o mal trago chegou o segundo tanto noutra acción pola banda esquerda na que queda ao descuberto a falta de contundencia defensiva e que remata co tanto de Aketxe.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo: "Levabamos toda a semana traballando o choque nas carreiras, que non corran limpo, que en situacións de centros laterais sempre teñan referencia, que sempre teñan marca, e ao final os dous goles viñeron por ahí, por iso dixen que en catro minutos todo o que se traballou durante certas horas ao longo da semana non o fixemos".

A entrada de Xavi Torres tralo descanso e, sobre todo, a expulsión de Akieme por dous cartóns amarelos en dez minutos por dúas faltas a Gerard Valentín espertaron o Lugo.

Cristian Herrera e Valentín tentaron recortar diferencias, pero non acertaron coa porta de Makaridze, que non tivo que intervir por disparos dos xogadores lucenses, inofensivos nas dúas áreas.

Djaló. C.D. Lugo: "Mañá temos que vernos as caras, temos que falar e, sobre todo, corrixir durante a semana ese tipo de cousas para que o domingo non nos volva pasar".

Foi a historia dun partido con pouco que contar e nada que dicir.

Noticias web

27/09/2020