CRTVG

Buscar

O Lugo paga o conservadorismo ante o Cádiz

Publicado o 25/11/2019 16:14

Derrota do Lugo na casa do líder. Falta de ambición no Lugo, a quen remontou o Cádiz. Porque o Lugo atopouse cun este regalo do Cádiz ao principio de partido. Marca Iriome. Falta de entendemento do porteiro e da zaga gaditana e Iriome é o máis listo para abrir o marcador. A partir dese momento, o Lugo tratou de contemporizar e o Cádiz penalizou o conservadurismo.

Empata o Cádiz por mediación de Iza Carcelén. A xogada é legal. Lebedenko habilita a acción ofensiva do Cádiz. Iza Carcelén foi o protagonista do encontro porque confirma a remonta do Cádiz con este lanzamento á falta de media hora. Espectacular o disparo. Imposible para Cantero. Festexa Álvaro Cervera, festa do Cádiz, frustración do Lugo, que apenas creou en ataque.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019