CRTVG

Buscar

O Lugo esquécese do VAR e céntrase no Fuenlabrada

Publicado o 14/02/2020 14:48

No Lugo, que o domingo visita o Fuenlabrada, alzan a voz contra as decisións do VAR que prexudicaron o equipo.

Puntos que a videoarbitraxe impediu que o club sumase e que poderían colocalo fóra do descenso. Aínda hoxe se fala do gol anulado a Cristian Herrera.

Pero hai máis, como o gol que lle deu o triunfo ao Estremadura. Álex Alegría parece estar en fóra de xogo. O VAR non o viu claro e deu o gol.

Ou o penalti cometido sobre Kravets ante o Albacete, que tampouco foi merecedor de castigo.

En Lugo xa fixeron unha protesta oficial ante estes erros. E mentres, Curro Torres céntrase en derrotar ao Fuenlabrada.

Noticias web

14/02/2020