CRTVG

Buscar

O Lugo non se fía dun Spórting que chega minguado pola covid ao Anxo Carro

Publicado o 03/01/2021 19:11

A situación no Spórting, loxicamente, non pasa desapercibda en Lugo. E como pode afectar o partido? Pouco, segundo Nafti. O Lugo non se librará do perigosísimo Djurdjevic. Leva dez goles no que vai de liga e o ano pasado xa fixera estragos no Anxo Carro, con dous tantos. O último deles supuxera a derrota case sobre o límite. As amezas do Spórting son claras.

O Lugo espremerá as súas fortalezas, sobre todo na casa, onde sumou 14 dos últimos 18 puntos. En case tres meses non perdeu no deserto Anxo Carro e só recibiu un gol. Hai un precedente co Spórting, no Molinón. O Lugo de Juanfran remontara e gañara por un a dous, cos tantos de Pita e Cristian Herrera, de penalti. Foi na pretemporada.

Noticias web

03/01/2021