CRTVG

Buscar

O Lugo non se fía do filial da Real Sociedade

Publicado o 18/08/2021 15:19

• Xavi Torres: "É un equipo difícil pero na casa temos que poñerllo complicado"

• Carillo estará de baixa arredor de oito semanas por mor dunha pubalxia

A estrea do Lugo no Anxo Carro será este sábado ante o filial da Real Sociedade. Os albivermellos afrontarán o partido coa confianza que lles outorgou a remonta e o punto acadado en Oviedo, pero non se fían do filial donostiarra.

"É un equipo difícil, levamos toda a semana estudándoo. Xente nova, bo trato de balón e moita intensidade", dixo Xavi Torres.

Un acabado de ascender, repleto de xogadores cun enorme futuro e que dirixidos por Xabi Alonso foron quen de derrotar a todo un Leganés na primeira xornada.

Os lucenses chegan cunha "motivación especial" polo pulo da afección, á que lle queren dar a primeira alegría da temporada.

Noticias web

18/08/2021