O Lugo, malia a dolorosa derrota, quita aspectos positivos
E o Lugo, lembren, comezou cunha dolorosa derrota ante o Málaga. Os últimos minutos foron fatídicos. Pero o partido deixou tamén cousas positivas para os de Javi López.
Máis aló do frío resultado, a derrota do Lugo ante o Málaga deixou distintas lecturas. Moitas delas positivas.
Como a presión alta, con seis homes preto da área rival, que permitiu o roubo e o gol de Cristian Herrera.
Ou como a que realizou no inicio da segunda metade que a piques estivo de darlle o segundo tanto.
A intensidade, o compromiso e a solidariedade foron algúns dos sinais de identidade deste equipo.
Entre os aspectos negativos destaca a defensa das xogadas a balón parado. O Málaga, que no fútbol combinativo apenas creou perigo, impúxose en case tódalas accións de estratexia. O Lugo meteu moitos homes dentro da área e posibilitou segundas xogadas nos rexeites. Precisamente nun deles chegou o tanto da vitoria andaluza. Luis Hernández saca de banda e o rebote posterior volve caerlle a el, que pon a pelota na cabeza de Ndiaye. Para Javi López esa superioridade ten unha explicación.
Pero para o técnico, a falta de centímetros non vai impedir que o Lugo siga a medrar.