CRTVG

Buscar

O Lugo máis discreto cae en Alcorcón (1-0)

Publicado o 21/11/2020 14:16

O Lugo vulgarizouse en Santo Domingo. Nafti falaba na previa que se o equipo xogaba a medio gas convertíase nun equipo vulgar.

E ese foi, precisamente, o pecado que cometeu ante o pechacancelas. Crer que máis tarde ou máis cedo chegaríalle o seu momento.

Esta cabezada de Juanpe aos trece minutos foi o único remate a porta dos lucenses en todo o partido.

O primeiro tempo foi unha secuencia de oportunidades do Alcorcón que xustificaron porque só levaba tres goles en once partidos.

Nove veces dispararon os de Anquela nesta fase do encontro, pero só en dúas atoparon portería.

Cantero e o desacerto no remate de Marc Gual dáballes vida aos lucenses para a segunda metade.

Nafti explica como foi a charla do descanso.

Mehdi Nafti, adestrador do C.D. Lugo: "Ás veces hai que dicir as cousas... con outro ton de voz, hai cousas íntimas que non saen do vestiario."

Tras a continuación e durante vinte e dous minutos, non pasou absolutamente nada. O Alcorcón seguía atacando, aínda que con escaso perigo.

E o Lugo non era capaz de ter o encontro baixo control. En certo modo polas continuas perdas de balón. Cento trece acumulou durante todo o partido.

Nunha delas Iriome, deixou a pelota nos pés de Marc Gual que logrou o un a cero.

Era o minuto 81. Por cuarta vez desde que chegou Nafti, o equipo víase co marcador en contra.

Mehdi Nafti, adestrador do C.D. Lugo: "Hai que actuar, non hai que reaccionar despois, dun golpe. Hai que actuar desde un principio e xa me encargarei eu de que iso non volva ocorrer."

Nin a expulsión de Sosa a tres minutos do final por esta acción con Alende sacou o Lugo heroico de partidos anteriores. E é que ás veces, tanto eloxio, debilita.

Noticias web

21/11/2020