CRTVG

Buscar

O Lugo logra en Albacete a súa primeira vitoria como visitante

Publicado o 10/11/2019 14:35

Os de Eloy sumaron o segundo triunfo consecutivo

O Lugo segue de festa. Bastoulle con encadear dúas vitorias consecutivas e sumar seis puntos para que mudase de xeito radical o ánimo do técnico e dos xogadores.

Jaume Grau, C. D. Lugo: "Sabemos que é unha liga moi compllicada, gañas dous partidos, poste nunha boa situación, perdes dous, vólveste meter, o importante é como traballo o grupo semana tras semana; vaia mellor, vaia peor estamos unidos e sendo un grupo, unha familia, as cousas irán ben".

En Albacete, os lucenses lograron o seu primeiro triunfo fóra da casa tras deixar a súa porta a cero por segunda semana seguida.

Foi nun partido no que os manchegos amagaron, pero non golpearon. Dispararon catorce veces, pero sen acerto. O Lugo lanzou dúas e marcou.

Eloy Jiménez, adestrador do C. D. Lugo: "Resultado? Eu creo que o xusto sería un empate, eles tampouco nos crearon, ao final centros laterais, máis ben por meter o balón aí que por ocasións claras, nós aproveitamos a que tivemos.

Unha das chaves da vitoria estivo na entrada de Aléx López no lugar de Seoane, quen viu o quinto cartón amarelo, que lle vai impedir xogar a vindeira semana ante o Rácing de Santander.

O catalán, que levaba dúas xornadas sen aparecer no equipo, aproveitou o centro de Cristian Herrera para darlle a vitoria ao Lugo no seu primeiro disparo a porta.

Álex López, C.D. Lugo: "Todos queremos xogar, aquí e en todos os sitios e logo o que decide é o míster, nós temos que traballar, ao noso, facer o noso traballo e logo o que decide é o míster e xa está".

En só unha semana o Lugo saíu de postos de descenso e pasou a situarse provisionalmente a catro puntos da promoción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019