CRTVG

Buscar

O Lugo golea o Xirona (3-0) e colle aire

Publicado o 21/10/2020 22:07

O Lugo reacciona con Nafti. Goleou 3-0 o Xirona na estrea do novo adestrador no Anxo Carro. Dous partidos, seis puntos e coas baixas de Iriome e Manu Barreiro. Volveu ó equipo titular Pita e tamén Xavi Torres.

O primeiro tempo non tivo goles nin ocasións claras. Antonio Luna tivo a mellor para o Xirona. Por parte do Lugo, o perigo chegou coas carreiras de Gerard Valentín. Nunha delas conseguiu meter un centro que saíu moi preto da portería. No Girona tomaron nota. E tres minutos antes do descanso, chegou a xogada clave, a expulsión de Antonio Luna por derrubar a Gerard Valentin cando iniciaba a carreira para u contrataque. O árbitro non dúbidou e amosouse vermello directo. O Xirona quedou con dez e o Lugo en superioridade nimérica con todo o segundo tempo por diante.

E a segunda parte empezou cunha ocasión clarísima para Christian Herrera. Foi a primeira dun vendaval ofensivo do Lugo coas intervencións espectaculares do ex porteiro albivermello, Juan Carlos. Tamén despexa a do Puma Rodríguez. E volve estirarse nun saque de esquina con segunda xogada para Xavi Torres de tacón.

Tanta insistencia tivo premio para o Lugo por fin, cabecea primeiro Venancio, rexeita Juan Carlos e Xavi Torres remata co porteiro vencido.

Oito minutos despois chegou o segundo, facendo gala da súa superioridade numérica e cun rápido contrataque chegou o tanto de Hugo Rama, a pase de Cristian Herrera, que asistiu neste gol como fixo no tantode Iriome en Castellón. O Xirona estaba desaparecido e o Lugo aproveitou para sentenciar ao cumprirse a media hota do segundo tempo. Esta vez xogada de Hugo Rama que canea ata catro xogadores e e remata a xogada Cris Ramos.

O resto do partido non tivo máis historia. Nafti consegue o seu segundo triunfo seguido, ante un dos equipos fortes da categoría e mantén a porta a cero. O Lugo reacciona.

Noticias web

21/10/2020