CRTVG

Buscar

Bos días

O Lugo gaña o trofeo Concepción Arenal en Ferrol

Publicado o 08/08/2015 09:53
Seguimos con fútbol e coa pretemporada. O noso representante na segunda división, o Lugo, disputou onte un partido en Ferrol, fronte ao Rácing.



Foi a edición número 54 do trofeo Concepción Arenal, que se adxudicou o Lugo. E iso que tivo que remontar un gol inicial do Rácing. Diego Velta aproveitou un erro do gardameta Roberto para marcar a porta baleira. Antes do descanso, o Lugo equilibrou o marcador cun gol de Igor Martínez.

O equipo de Luis Milla deulle a volta ao resultado na segunda metade, na que se amosou superior ao seu rival. Campillo fixo o 1-2 aproveitando un centro dende a banda esquerda e, xa contra o final, Israel Puerto logrou o último gol da tarde ao rematar a rede unha falta lateral. O Lugo segue invicto nesta pretemporada logo de sete partidos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/08/2015