CRTVG

Buscar

O Lugo gaña o Enma Cuervo na quenda de penaltis diante do Oviedo (1-1)

Publicado o 31/07/2021 21:03

A setenta edición do Enma Cuervo foi para o Lugo. Primeira cita importante dos de Rubén Albés fronte ao Oviedo antes do inicio da competición regular. Houbo que chegar, iso si, aos penaltis. O marcador abríase no minuto 36 con este tanto de Javi Mier, quen por certo fixo un grande primeiro tempo. Catro despois, Leandro conseguiu empatar nunha contra. Aproveitou unha mala saída do porteiro do conxunto oventense, Femenías.

Co este resultado chegouse á quenda de penaltis. Fallou Álex e Seoane asinou o quinto e definitivo. O que lle dá o torneo ao Lugo por 4-5. En quince días os dous equipos volverán medirse no primeiro encontro da liga xa no Carlos Tartiere.
 

Noticias web

31/07/2021