CRTVG

Buscar

O Lugo ficha o extremo Rahmani e o central Peybernes

Publicado o 03/09/2019 16:52

E o Lugo pechou onte dúas incorporacións. O extremo Yanis Rahmani e o central Mathieu Peybernes. Rahmani é un extremo zurdo, chega cedido polo Almería. Destacara no Mirandés co que marcou 19 goles en dúas temporadas. Será presentado mañá no Anxo Carro.

E para reforzar a zaga chega o francés Mathieu Peybernes. O central chega tamén cedido esta temporada polo Almería. Con anterioridade xogara no Sporting de Xixón, tras destacar no Lorient francés. Con 28 anos, reforzará un dos postos máis necesitados no Lugo.

Noticias web

03/09/2019